A porta de Clámide está sempre aberta. Non hai probas de acceso, non hai requisitos previos nin experiencia necesaria. Non importa se nunca pisaches un escenario ou se levas anos soñando con facelo. En Clámide o único que se pide é ganas.
Como funciona o día a día?
Clámide traballa por proxectos. Cada obra ten o seu propio ritmo de ensaios, que se adapta ao equipo e ao momento. Os ensaios son regulares pero flexibles: sabemos que a vida ten imprevistos e que non sempre é posible estar en todos.
Cando se fai o reparto e alguén se responsabiliza dun personaxe, pedímoslle que intente vir a todos os ensaios posibles. Pero entendemos a realidade de cada persoa e traballamos con ela, non contra ela.
Se te incorporas a un proxecto xa en marcha, participas como auxiliar ata que haxa unha oportunidade de ter un papel. E sempre hai oportunidades.
Non só actores e actrices
En Clámide hai moitas formas de participar. Podes actuar, pero tamén poder formar parte do equipo técnico de iluminación e son, traballar no deseño e construcción de decorados, encargarte do vestuario ou da maquillaxe, ou axudar na dirección e na organización.
Hai persoas en Clámide que nunca subiron a un escenario e son tan parte da familia como calquera actor ou actriz.
E se a vida se complica?
Pasa. Os estudos, o traballo, a familia… Sabemos que hai épocas nas que non é posible comprometerse cun proxecto. En Clámide non tes que escoller entre a túa vida e o teatro: podes tomarte un descanso e volver cando poidas. A porta sempre está aberta.
Canto custa?
Nada. En Clámide non se paga ni se cobra. O diñeiro das actuacións vai para a asociación, para seguir facendo teatro. É así desde o primeiro día e así seguirá sendo.
Idade mínima
Aceptamos a partir dos 8 anos, sempre que a persoa teña capacidade de seguir un guión. Non hai idade máxima.
Quero vir. Qué fago?
Ponte en contacto connosco e contámosche todo: 615.488.721 (Iván Gago) clamide@clamide.com
Ou énchenos o formulario e chamámoste nós
Ao rexistrate, aceptas o Aviso Legal e a Política de Privacidade.
