TEMIDAS TEIMAS

Data da estrea: Xullo de 2023

Dirección: Aida Rey

Asist. Dirección: Iván Gago

Autor Orixinal: Laurent Baffie

Na consulta dun prestixioso psicólogo coincide un variopinto grupo de pacientes con algo en común: todos sufren un Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC). Pero o seu médico non pode chegar a tempo, xa que o vo que o trae á consulta, sufriu un inesperado retraso. Así, todos vense na obriga de compartir unha espera que parece interminable. Lograrán estas persoas manter as súas manías e obsesións a raia? Chegará o doutor antes de que a cousa se desmadre?

REPARTO

Por orde de aparición:

Equipo Técnico

Voz en OffIrene Fernández
Iluminación e SonIván Gago

Sobre a Obra

A obra “Temidas Teimas” é unha adaptación da comedia “TOC TOC” onde o dramaturgo francés Laurent Baffie abordou un tema difícil de tomar a broma: os trastornos obsesivos compulsivos. A pesar da súa incorrección política, na súa estrea orixinal, fai 18 anos no Théâtre du Palais Royal de París, a obra non xerou polémica. Mais ben considerouse unha axuda para os aflixidos por este trastorno.

Os TOC son un asunto universal, que toca a xente do mundo enteiro. Dende o punto de vista da investigación médica, os médicos din que os TOC son unha enfermidade cando estos toman mais dunha hora do noso tempo diario.

Nota da Directora

Nun mundo no que cada vez tendemos mais a individualidade, a vivir no egocentrismo e en ser illas fortificadas, únicas e indisolubles, nas cales cada un ten que sobrevivir como pode, atopamos esta obra que amosa esa cara oposta, o poder de traballar en comunidade pensando nos demais, non tanto nun mesmo, podendo conseguir así cousas maravillosas.

Seis persoas que, nun principio, non se coñecían de nada, conseguen axudarse e valorarse deixando atrás esa individualidade para centrarse nun propósito común: acabar cos TOC dos demais.


ACTUACIÓNS

Este proxeto realizou a súa estrea o sábado 01 de xullo de 2023 ás 20.30h no Centro Social do Piñeiriño

Fixose un pequeno percorrido polas diferentes casas culturais, grazas a colaboración do

Concello de Vilagarcía de Arousa

  • Centro Cultural Piñeiriño: Sábado 01 de Xullo de 2023
  • Centro Cultural Cornazo: Domingo 09 de Xullo de 2023
  • Centro Cultural Fontecarmoa: Sábado 26 de Agosto de 2023
  • Centro Cultural Rubiáns: Sábado 02 de Setembro de 2023
  • Centro Cultural A Xunqueira: Sábado 23 de Setembro de 2023
  • Centro Cultural Guillán: Sábado 16 de Decembro de 2023

Entradas de Balde ata Completar Aforo

Fotos:

Clamide_Temidas_Teimas_2023_01

Image 1 of 35

Publicacións similares

  • El Sí de las Niñas

    Fecha de estreno: Junio de 2001 Dirección: Julio Cores Autor: Leandro F. de Moratín Comedia en 3 actos que narra la historia de Francisca, una muchacha educada en un convento y está prometida en matrimonio a don Diego por deseo de su madre pero en realidad ella está enamorada del soldado que conoce como “Don…

  • Prohibido Suicidarse en Primavera

    Fecha de Estreno: Abril de 1981 Dirección: Maga Martínez Autor: Alejandro Casona Prohibido Suicidarse en Primavera es el primer montaje de Clámide y se estrenó el 18 de Abril de 1981 con el siguiente Reparto Escenografía Miguel R. BugarínJuan MonzónMiguel DovalMª Jesus SieiroMª Carmen Cuervo Drta. Roda: Margarita Fernández Hans: Ángel Paz Dama Triste: Elva Couso Amante Imaginario: Antonio…

  • La Señora Recibe una Carta

    Fecha de Estreno: Mayo de 1992 Dirección: Maga Martínez Asistente de Dirección: Elva Tembra Autor: Victor Ruiz Iriarte Reparto Maquillaje Mª José Doval Técnico de Iluminación Jose Luis AlbaPili Vázquez Realización Video J. Manuel Mariño Diseño Decorados Alberto Arines Construcción Decorados Julio Cores Asistentes de Escena Esther CaeiroJavier Casal

  • Os Fillos Artificiais

    Fecha de estreno: Mayo de 2008 Dirección: Julio Cores Autores: Joaquín Abati & Federico Reparaz Una vez más, el Taller de Teatro Clámide apuesta por hacer reír a su público. Para ello pone en escena Los hijos artificiales. Versión en Castellano: Los Hijos Artificiales Reparto Rafaela Mosquera: Elena Acuña Angela: Sara Seijo Catalina Ortiz: Rebeca…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basic data protection information: The processing responsible is Taller de Teatro Clámide. Your data will be processed for gestionar y moderar tus comentarios. The processing legitimation is the consent of the concerned party. No data will be transferred to third parties, except legal obligation. You have the right to access, rectify and cancel the data, as well as other rights, as explained in the privacy policy.